Actualidade
Postal de Nadal 2019
Boletín Familiar Nadal 2019
O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. (Nadal 2019)
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:
“Podo axudar aos meus fillos para divertirse na rede?”
Os programas de prevención diríxense a reducir os chamados factores de risco que favorecen o uso e abuso de drogas e fomentar os de protección, é dicir, aqueles que reducen a posibilidade de que o consumo apareza ou de que se converta nunha conduta problemática.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:
https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
1 de Decembro, Día Mundial da SIDA
1 de DECEMBRO
Día Mundial da Sida
O lema do Día Mundial da Sida de 2019 é:
“As comunidades marcan a diferenza”
O Día Mundial da SIDA, conmemorado anualmente o 1º de decembro, é unha oportunidade para celebrar e apoiar os esforzos mundiais para previr novas infeccións polo VIH, ampliar a concientización e os coñecementos sobre ese virus e apoiar ás persoas seropositivas.
Desde que se comezou a observar o Día Mundial da SIDA hai máis de 30 anos, o progreso en materia de prevención e tratamento da infección polo VIH foi extraordinario. Hai medicamentos para combatela que axudan ás persoas seropositivas a ter unha vida longa e saudable e previr a transmisión do virus, pero hai que lembrar que aínda non existe vacina nin medicación que cure totalmente a enfermidade.
La celebración del Día Mundial del Sida brinda una oportunidad importante para reconocer el papel fundamental que las comunidades han desempeñado y continúan desempeñando en la respuesta al sida a nivel local, nacional e internacional.
As comunidades contribúen á resposta á sida de maneiras moi distintas. O seu liderado e a defensa que levan a cabo permiten garantir que a resposta siga sendo relevante e fundada, que as persoas sigan estando no centro e que ninguén quede detrás. Nestas comunidades intégranse os educadores de iguais, as redes de persoas que viven co VIH ou están afectadas polo virus, como os gais e outros homes que teñen relacións sexuais con homes, as persoas que se inxectan drogas e os traballadores sexuais, as mulleres e a xente nova, os asesores, os traballadores sanitarios da comunidade, os provedores de servizos de porta a porta, as organizacións da sociedade civil e os activistas populares.(ONUSIDA)
Na UAD de Monforte seguimos a traballar para ofrecerlle os usuarios e a poboación xeral da Comarca de Lemos e arredores a mellor oferta asistencial. Dentro da nosa carteira de servizos adheríndonos o Proxecto de detección precoz do VIH mediante a realización de test rápidos en fluido oral. As probas realzanse de xeito totalmente anónimo e gratuito, e coa garantía de ser atendido e asesorado por profesionais expertos.
Quen debería realizar esta proba?
Todas aquelas persoas que tiveran prácticas de risco para contraer o VIH como poden ser:
- Os homes que teñen sexo con homes e que non usaron preservativo.
- As persoas heterosexuais que teñen múltiples parellas sexuais e non usaron preservativo.
- As persoas que exercen a prostitución e os seus clientes se non usaron preservativo.
- As persoas que compartiron xiringas e outros materiais para inxectarse drogas.
Máis información sobre esta proba no seguinte enlace:
http://www.sergas.es/Saude-publica/Programa-da-proba-rapida-de-VIH?idioma=es
Campaña Verán 2019
Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen viven na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable, forma parte deste cometido.
Os propietarios/as dos establecementos de hostelería, están contribuíndo a que Monforte sexa percibido como unha cidade amable e un bo lugar para gozar do tempo de lecer. Guiados por esta preocupación, a Unidade Asistencial de Drogodependencias deste Concello decidiu elaborar uns carteis recordando aos clientes que os establecementos non van facilitar o consumo de alcohol e tabaco a menores.
Este programa trata de implicar aos empresarios da hostelería na prevención do uso inadecuado do alcohol e unha adecuada xestión dos riscos do seu consumo.
E como desexamos que non sexa Monforte o único concello que coide o benestar dos seus veciños ampliamos tamén a campaña a os establecementos da zona socios da Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), á que agradecemos a súa colaboración desinteresada que recibimos sempre.
Con este obxectivo a UAD facilitoulles un cartel informativo recordatorio desta campaña para que o coloquen en lugar visible.
Dende aquí queremos agradecerlles a súa imprescindible colaboración a todos os establecimentos hosteleros que participan nesta campaña.
Para máis información:
Luisa Astray García (Educadora Social)
SERVIZO DE PREVENCIÓN
UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS
Otero Pedrayo s/s
27400 – MONFORTE DE LEMOS (LUGO)
Tlf. 982 400 495
Proyecto ÉVICT, PORROENCUESTA
O “Proxecto *ÉVICT, Grupo de traballo para o estudo e abordaxe de políticas de control do policonsumo de cannabis e tabaco en España", http://evictproject.org/ ten como obxectivo profundizar e difundir á sociedade o coñecemento sobre o policonsumo CANNABIS TABACO nos PORROS. Para o estudo deste consumo DUAL deseñamos a PORROENCUESTA 2019, cuxo obxectivo é coñecer distintos aspectos relacionados co consumo de CANNABIS e TABACO (como se consome ou que efectos búscanse e finalmente experiméntanse).
A enquisa está dirixida a diferentes ámbitos sociais e grupos de idade. A persoa participante non atopará posicionamentos ideolóxicos, nin preguntas incómodas ou estigmatizadoras. O noso propósito é coñecer, e desenvolver desde ÉVICT un debate construtivo que mellore as políticas públicas de prevención, redución de danos e tratamento destas substancias. Tal como se informa nas “Condicións de Privacidade”, trátase dunha enquisa voluntaria e anónima (ou confidencial se se decide cumprimentala cun profesional).
Co fin de conseguir o maior número de enquisas posibles, gustaríanos que desde a túa asociación/colectivo/grupo nos apoiases nesta iniciativa contribuíndo á súa máxima difusión, facilitando a distribución entre os seus membros. Pódese acceder á PORROENCUESTA a través de http://porroencuesta.evictproject.org/
Enchela non levará máis de 8-10 minutos. Tamén esperamos que as OPCIÓNS que ofrecemos ao finalizar a PORROENCUESTA (imprimir a mesma, o acceso a infografías, puntos de información e asesoramento) sexan de interese e utilidade. Respecto a os puntos de información e asesoramento, se desexas que se inclúa o da túa entidade, podes remitirnos a este mesmo correo os datos da entidade e o link de acceso web.
¿Dudas? Pregunta e infórmate
Neste número de WhatsApp poderedes realizar todas as consultas que desexedes: 604 05 97 19
Boletín Familiar Xuño 2019
O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade que dirixe Pilar Espinosa. Nesta ocasión leva por título:
“Claves para pais e nais. ¿Cómo debo actuar?”
Os programas de prevención diríxense a reducir os chamados factores de risco que favorecen o uso e abuso de drogas e fomentar os de protección, é dicir, aqueles que reducen a posibilidade de que o consumo apareza ou de que se converta nunha conduta problemática.
Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte neste enlace ou na nosa páxina de facebook
Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web o no facebook dos vosos colexios , pois nós remitímosllos a eles con esa intención.
31 de Maio, Día Mundial sen Tabaco
O venres, 31 de Maio, DÍA MUNDIAL SEN TABACO, estaremos na entrada do Hospital cunha mesa informativa.
Tamén desde este venres e durante toda a semana próxima poderedes visitar unha exposición na Casa da Cultura con traballos realizados por escolares de Monforte e Escairón, que nos achegan a súa axuda para concienciar á poboación dos riscos de fumar.
Na devandita exposición teremos unha "escaleira" na que están os pasos que poden seguir as persoas fumadoras para deixar esta adicción, en ela podedes deixarnos unha mensaxe cun posit indicándonos en que fase te atopas.
E os NON FUMADORES, tamén teñen o seu lugar para que nos deixen unha reflexión sobre o que opinan do tabaco.
Boletín Familiar Marzo 2019 UAD
A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte ven de publicar un novo número do seu Boletín trimestral co título "¿Cómo axudar aos fillos a madurar, ser responsables e autónomos?"
Se queres consultar ou descargar o boletín accede aquí