Actualidade

Boletín Familiar Outubro 2020

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. (Outubro 2020)

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

"Como axudar aos teus fillos a estudar online?"

A situación vivida por mor da COVID-19 supuxo un avance na implantación da formación online en todos os niveis da educación. En moitos casos ás alancadas, tanto o profesorado como as familias tivemos que adaptarnos a esta metodoloxía de ensino-aprendizaxe.

Ante o inicio do novo curso, e ante máis incertezas que certezas de como se desenvolverá, é preciso que comecemos a organizarnos para conseguir sacar o máximo partido á formación a distancia. Porque, con pandemia ou sen ela, parece que, en moitos casos, chegou para quedar.

Si tedes interese en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

A partir de agora o noso Boletín  Familiar editarémolo mensualmente.

Como sempre, estaremos á vosa disposición na nosa dirección habitual.

Tamén poderedes formular as vosas dúbidas no número de Whats App 604 059 719

ou a través da páxina do Concello, na sección de Sanidade, aí atoparedes un formulario para remitirnos a vosa consulta neste enlace.

 

Novo servizo da UAD

A Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos ten un novo servizo: DÚBIDAS? Pregunta e infórmate”, dentro dos seus programas de prevención, co obxectivo de dar resposta á necesidade de información en relación ao consumo de drogas (ou outro tipo de adiccións) existente entre a poboación xuvenil, así como entre colectivos clave na problemática como son familias e educadores/as dos ámbitos tanto formal como non formal.

Trátase dun servizo telemático cuxas preguntas e consultas son atendidas por un equipo de profesionais e persoas expertas na temática de drogas e que garda en todo momento o anonimato e a confidencialidade das persoas que se benefician del.

Para utilizar “DÚBIDAS? Pregunta e infórmate” contamos coas seguintes canles, a través dos cales calquera persoa pode poñerse en contacto co mesmo para a resolución das dúbidas:

  • Whats App: 604 059 719
  • E-mail: uad@concellodemonforte.com
  • Facebook: UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS DE MONFORTE (cunha mensaxe privada)

Esta campaña difundirase por diversas canles, ademais de repartición de cartelería en todos os centros educativos de Monforte de Lemos e comarca.

Aínda que é especialmente dirixida aos adolescentes e xóvenes, aos seus familiares e educadores, calquera persoa pode facer uso deste recurso.

A UAD de Monforte ten novo servizo

O Concello pon en marcha a campaña "Para non volver ás fases, non desfases"

Entre as funcións do Concello de Monforte de Lemos atópase a de velar polo benestar tanto de quen viven na cidade como dos seus visitantes. Para a nosa cidade o lecer é unha das claves da súa prosperidade. Facilitar tempos e espazos de esparcimento e que poidan desenvolverse de forma segura e saudable, forma parte deste cometido. 

Os propietarios/as dos establecementos de hostelería, están contribuíndo a que Monforte sexa percibido como unha cidade amable e un bo lugar para gozar do tempo de lecer. Guiados por esta preocupación, a Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte decidiu elaborar uns carteis lembrando aos clientes o perigo do contaxio se non se toman as medidas adecuadas, así como o recordatorio permanente de non proporcionar alcol a menores, para o que a súa implicación é esencial.

Este programa solicita a súa cooperación na prevención do uso inadecuado do alcol e unha adecuada xestión dos ricos do seu consumo, que sempre son perigosos e máis na situación actual na que nos atopamos.

Para iso, dende o Concello de Monforte e a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD), ven de poñerse en marcha a campaña: "Para non volver ás fases, non desfases", campaña que ten como obxectivo alertar á sociedade dos riscos de que os adolescentes se excedan ou inicien no consumo de alcol, cos riscos engadidos do repunte de contaxios da Covid-19 que estamos a vivir actualmente.

A campaña advirte do perigo destes «desfases» pois existe un alto risco de que os mozos protagonicen reaccións compensatorias como resposta á tensión e angustia sostida que padeceron nos últimos meses e o perigo inherente de transmitir a Covid-19 nos botellóns. O maior risco é querer recuperar o tempo perdido, celebrando festas alternativas ás que non se tiveron ou que non se van a ter e en celebracións entre amigos como son, por exemplo, os botellóns.

Así mesmo, o recordatorio é para a poboación xeral para lembrar a necesidade de cumprir as normas establecidas para evitar os repuntes da pandemia que aínda estamos a sufrir.

E como desexamos que non sexa Monforte o único concello que coide o benestar dos seus veciños ampliamos tamén a campaña a os establecementos da zona socios da Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), á que agradecemos a súa colaboración desinteresada que recibimos sempre.

Con este obxectivo , dende a UAD facilitóuselles un cartel informativo recordatorio desta campaña para que o coloquen en lugar visible. Dende aquí queremos agradecerlles a súa imprescindible colaboración a todos os establecimentos hosteleros que participan nesta campaña.

 

 

Para máis información:

Unidade Asistencia de Drogodependencias 

Servicio de Prevención

Praza da Estación - 17

27400 – Monforte de Lemos

Tlf. 982 400 495

e-mail: uad@concellodemonforte.com

Séguenos en FACEBOOK

 

 

Boletín Familiar Xuño 2020

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. (Xuño 2020)

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

"Emocións e Sentimentos"

Durante todos estes días estivemos con moitos sentimentos e emocións diferentes, pero o coronavirus fixonos máis fortes.

Esta crise será historia, como todas. Virán outras, novos problemas, e iso significa que estamos vivos. Se fomos conscientes do proceso e aprendemos como persoas e como sociedade, valería a pena, a pesar das numerosas perdas que tivésemos no camiño.

Diferenciar entre sentimentos e emocións quizais nos sirva para entender moitos dos estados de ánimo polos que pasamos estes días. Aprender a xestionar as nosas emocións, vai ser fundamental para que podamos levar unha vida equilibrada e feliz e esta situación extraordinaria que vivimos fíxonos reflexionar en gran medida sobre o que realmente ten valor.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.

Boletín Familiar Nadal 2019

 

O Servicio de Prevención de Drogodependencias edita un novo número do BOLETÍN FAMILIAR. (Nadal 2019)

O Boletín Familiar é unha iniciativa do servizo de prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias, adscrita á concellería de Sanidade. Nesta ocasión leva por título:

“Podo axudar aos meus fillos para divertirse na rede?”

Os programas de prevención diríxense a reducir os chamados factores de risco que favorecen o uso e abuso de drogas e fomentar os de protección, é dicir, aqueles que reducen a posibilidade de que o consumo apareza ou de que se converta nunha conduta problemática.

Si tedes interés en consultar o boletín completo podedes facelo a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, UAD, apartado Boletín familiar) ou na nosa páxina de facebook:

https://www.facebook.com/UnidadAsistencialDrogodependencias/?ref=hl

Tamén probablemente o atopedes nas páxinas web dos vosos colexios, pois nós remitímosllos a eles con esa intención.