O Alcalde de Monforte informa da apertura dun novo espazo destinado a aparcamento público na rúa Julio Camba

Monforte de Lemos, 23 de decembro de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa que a cidade conta dende hoxe cun novo espazo destinado a estacionamento público e gratuíto, logo do acordo ó que se chegou cun particular para a cesión de dito espazo.

En concreto, o novo aparcamento ubícase nunha parcela situada na rúa Julio Camba e conta cunhas dimensións de 450 m2, o que permite ofrecer ós veciños da cidade unhas 20 prazas de aparcamento.

Este novo aparcadoiro ten un carácter provisional, pois manterase aberto ata que o titular da parcela comece as obras de reconstrución do inmoble situado nesta rúa. Estas obras deberán levarse a cabo a antes de dous anos, que é o prazo que lle deu Patrimonio ó propietario para reconstruír o edificio.

O solar no que se ubica dito aparcamento foi previamente acondicionado para tal fin, realizándose un fresado do mesmo, tras o cal se procedeu á compactación do terreo. Esta obra de acondicionamento contou cunha partida orzamentaria de 2.000 euros.

“Deste xeito” declarou o Alcalde “con este novo espazo, no que teñen cabida ata 20 turismos, dende o Equipo de Goberno do Concello seguimos dando resposta ás necesidades de aparcamento na nosa cidade, habilitando un novo espazo de estacionamento gratuíto e público, ó servizo dos nosos veciños e visitantes”.