O Concello de Monforte informa sobre o corte de tráfico mañá na rúa Conde, por mor dos traballos de limpeza do colector

AVISO DE ÚLTIMA HORA sobre o corte de tráfico na rúa Conde:

En relación con esta información publicada pola mañá sobre o corte ó trafico da RÚA CONDE, o Concello de Monforte informa que mañá mércores NON SE CORTARÁ FINALMENTE O TRÁFICO en dita rúa, debido a unha avaría no camión da empresa encargada dos traballos. Polo tanto, os traballos de limpeza do colector quedarán pospostos ata que a empresa confirme a súa execución.

 

Monforte de Lemos, 10 de marzo de 2020. O Concello de Monforte informa sobre o corte de tráfico de vehículos que se levará a cabo mañá día 11 de marzo pola mañá na rúa Conde, debido ós traballos de limpeza que se van levar a cabo no colector de dita rúa. A rúa volverá a abrirse ó tráfico unha vez rematen ditos traballos de limpeza.

En concreto, o tramo de vía que será cortado será unicamente o que vai entre o enlace coa rúa Estrella e o enlace coa rúa Ramón Otero Pedrayo. Este corte será sinalizado, mediante vallas e sinais de dirección prohibida e sentido obrigatorio, na confluencia coa rúa Estrella. Tamén se colocará outra sinal de perigo-dobre sentido por obras na entrada dende a Praza dos Chaos cara a rúa Estrela, así como a ocultación das existentes en rúa da Estrela, 1.

Dende o Concello agradecemos a comprensión dos veciños e condutores e rogamos desculpen as molestias que estes traballos poidan ocasionar.

Adxuntamos croquis para mellor explicación do corte: