Os postos de alimentación da Praza de Abastos de Monforte seguen abertos no seu horario habitual durante a crise do COVID-19

Monforte de Lemos, 17 de marzo de 2020. En relación coa Praza de Abastos de Monforte, informamos, dende o Concello de Monforte, que en virtude do Decreto de Alcaldía do pasado venres 13 de marzo, nela  suspéndese todo tipo de actividade administrativa por mor da crise do COVID-19.

En canto á actividade comercial a decisión de abrir ou non é tomada por cada un dos concesionarios, neste caso, postos de alimentación, tendo en conta as medidas que, en dita materia, vaian adoptando as autoridades sanitarias coa evolución da crise.

Deste xeito, o colectivo de praceiros transmite a seguinte información:

  • A apertura dos postos sigue sendo en horario normal, de 9:30 a 14 horas.
  • Aconséllase que non acudan as persoas de risco (persoas maiores, enfermidades de risco).
  • Contarase cun dispensador de xel desinfectante na entrada e será necesario que todos os usuarios e clientes se desinfecten ó entrar nas instalacións.
  • Tamén prégase a todos os clientes que respecten o protocolo de prevención (manter distancia dun metro e medio, tusir tapándose co cóbado, desinfectarse á entrada, non tocar ningún produto, etc.)
  • A día de hoxe, polo momento garántese o subministro de tódolos artigos de costume.
  • Aconséllase facer uso do reparto a domicilio de tódolos postos, ou chamar para ter os pedidos preparados para a súa posterior recollida, para así permanecer nas instalacións o menor tempo posible e evitar contaxios.