Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
Subvencións da Xunta para cubertas e fachadas de vivendas |
O Concello de Monforte informa sobre diversas axudas da Xunta de Galicia para a rehabilitación de cubertas e fachadas de vivendas.
No Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 50, do 13 de marzo, a Consellería de Economía e Industria publica subvencións destinadas á rehabilitación con granito das fachadas e á renovación de cubertas de lousa e de tella cerámica.
|
17/03/2015 | Noticias histórico |
Un vagón ferroviario albergará un restaurante no centro da cidade |
Un vagón cedido ó Concello pola Fundación dos Ferrocarrís de Galicia instalarase no parque dos Condes e transformarase nunha cafetería restaurante.
A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega, e o secretario da Fundación, Luis Blanco, explicaron en rolda de prensa os pormenores desta intervención.
|
25/03/2015 | Noticias histórico |
Só 199 recibos dos case 18.000 domiciliados teñen algún tipo de recargo |
A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega Buján, desmentiu que o Concello xire recibos de impostos domiciliados con recargo, tal e como afirma o Partido Popular.
|
30/03/2015 | Noticias histórico |
O concello de Monforte solicitou un segundo obradoiro para a mocidade |
O concello de Monforte solicitou subvención á Consellería de Traballo e Benestar para pór en marcha un Programa Mixto de Emprego e Formación para a mocidade, o que é o mesmo, un Obradoiro de Emprego para a mocidade.
|
09/04/2015 | Noticias histórico |
A Casa da Cultura e a Biblioteca Pública xa levan o nome poeta Lois Pereiro |
Este mediodía Monforte rendeu unha sentida homenaxe a Lois Pereiro, poeta, escritor, veciño e Fillo Predilecto da cidade.
Celebrouse o acto de nomeamento da Casa da Cultura como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO, e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO.
|
11/04/2015 | Noticias histórico |
Unha APP para teléfonos móbiles ofrecerá información turística e de servizos en Monforte |
O concello de Monforte porá a disposición da veciñanza e dos/das visitantes unha Aplicación de Turismo e Servizos que estará dispoñible nas principais plataformas (Android e IOS).
Esta aplicación foi encargada á empresa monfortina ProWebPC, e agárdase que antes do verán estea plenamente operativa.
|
14/04/2015 | Noticias histórico |
Aberto o prazo para solicitar subvencións para asociacións e parroquias | 21/04/2015 | Noticias histórico | |
O Concello informa sobre unha sentenza consecuencia dunha demanda interposta a petición dos grupos da oposición |
A sentenza, que lle da a razón á empresa concesionaria, non supón ningún custo económico para as arcas municipais
|
27/04/2015 | Noticias histórico |
O Concello de Monforte presenta un libro dedicado á figura do poeta monfortino Lois Pereiro |
O Alcalde, Severino Rodríguez, e a Concelleira de Cultura, Pilar López, presentaron a edición dun libro conmemorativo da figura do poeta monfortino Lois Pereiro. Trátase dunha edición enmarcada nos actos programados polo Concello para conmemorar o ano 2015 como Ano Lois Pereiro.
|
21/05/2015 | Noticias histórico |
III Xornadas de Bioconstrucción: CON TERRA. Aplicacións constructivas |
A Asociación Galega para a Bioconstrución organiza as III Xornadas de Bioconstrución centradas nas aplicacións construtivas de terra. Celebraranse os días 12, 13 e 14 de xuño en Monforte de Lemos. |
04/06/2015 | Noticias histórico |