Noticias:
-
Inaugurado o Espazo Gastronómico da Praza de Abastos
O Espazo Gastronómico da Praza de Abastos inaugurouse onte luns baixo a dirección de Damián Novoa Seijas, un profesional que xa leva percorrido un longo camiño de experiencias por distintos países de Europa, traballando na restauración e participando en concursos do máis alto nivel. Ó acto... -
Quince comercios de Monforte participarán nos tres Mercados do Nadal
A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega, presentou os Mercados do Nadal que se van celebrar na Praza de Abastos nos meses de decembro e xaneiro. Vega Buján lembrou o éxito que tiveron as anteriores edicións dos Mercados entre a cidadanía e falou da forte aposta que fixo o... -
O Alcalde continúa coas xestións para coñecer o alcance da reestruturación de Paradores
O alcalde, Severino Rodríguez, entrevistouse esta mañá co director do Parador de Monforte, Santiago Carrera, coa intención de coñecer como van afectar as medidas que adoptará a dirección de Paradores tanto ós traballadores/as como ó propio funcionamento do Parador da nosa cidade. Santiago... -
O Concello e Cáritas asinan un convenio de colaboración
Esta mañá o Alcalde asinou con Cáritas un convenio de colaboración mediante o cal o Concello aportará 20.000 euros para contribuír o labor que desenvolve en Monforte esta asociación solidaria coas persoas máis necesitadas. O establecemento do convenio foi unha proposta realizada polo... -
O Alcalde sinala que os eventos non son un gasto, son unha inversión
O Alcalde volveu comparecer en rolda de prensa para continuar rebatendo o que el considera “as mentiras nas que se fundamenta a moción presentada polo Partido Popular sobre o sobrecusto da contratación de empresas externas”. Severino Rodríguez dixo que “non me molesta que o PP presente... -
Presentado o uniforme do Servizo de Protección á Cidadanía
O alcalde de Monforte e a concelleira de Seguridade presentaron os uniformes que identificarán ós sete integrantes do novo Servizo de Protección á Cidadanía. Severino Rodríguez dixo que era importante que a cidadanía identificase a estes traballadores que estarán presentes en tódolos... -
O Concello volve recibir un premio polo sistema de recollida de lixo
A candidatura que o concello de Monforte presentou á primeira edición dos Premios de Medio Ambiente convocados por APROEMA, Asociación Profesional de Empresas Medioambientais, obtivo o galardón na categoría “Reduce e Selecciona”. O novo modelo de recollida de lixo e xestión de residuos implantado... -
O Alcalde di que o PP minte a sabendas de que o fai
Severino Rodríguez ofreceu unha rolda de prensa para responder ás “falsidades” que se recollen na moción do PP referida ó “sobrecusto da contratación con empresas externas de determinadas xestións e organización de eventos”. O Alcalde comezou sinalando que “non é habitual que respondamos en... -
O alcalde de Monforte solicita coñecer e colaborar no proxecto da Xunta para o edificio Expolemos
Severino Rodríguez remitiu unha carta ó director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Antonio Crespo Iglesias, solicitando coñecer o proxecto que prepara a Xunta de Galicia para o edificio Expolemos e ofrecendo a súa colaboración na elaboración do mesmo. Esta medida xa... -
Programa de actos do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza diversas actividades co obxecto de conmemorar o “Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero”, data que se celebra o 25 de novembro. A concelleira, Ana Casal, destaca que o Centro de...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- …
- seguinte ›
- última »