Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Goberno Municipal dalle 24 horas de prazo a Julia Rodríguez para que rectifique as súas declaracións |
Mª Xosé Vega, tenente de alcalde do concello de Monforte, saíu ó paso das acusacións de Julia Rodríguez, voceira do PP, cualificándoas de “moi graves e indignas” e dándolle 24 h. de prazo para rectificalas.
|
11/06/2014 | Noticias histórico |
O Goberno Municipal puxo en mans da Fiscalía toda a documentación sobre o caso que denuncia o PP |
Mª Xosé Vega, tenente de alcalde do concello de Monforte, anunciou que o Goberno Municipal presentou onte venres na Fiscalía de Lugo, toda a documentación da que dispón sobre o pago da defensa dun ex concelleiro con fondos públicos.
|
14/06/2014 | Noticias histórico |
A Plataforma da A-76 esixe que Fomento licite os dous primeiros tramos |
A Mesa de Seguimento da Plataforma Proautovía A-76 reuniuse na tarde de onte en Monforte para reiterar a petición de que o Ministerio de Fomento licite no ano en curso os dous primeiros tramos da citada autovía: os de Toral de los Vados - Requejo e A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras.
|
17/06/2014 | Noticias histórico |
A Corporación aproba a rebaixa no tipo de xuro do crédito do Plan de Pago a Provedores |
A Corporación Municipal celebrou sesión extraordinaria para aprobar a modificación das condicións financeiras do préstamo concertado no ano 2012 para facer fronte ó Plan de Pago a Provedores.
|
20/06/2014 | Noticias histórico |
O xulgado desestima gran parte da demanda de AQUALIA contra o Concello |
A concelleira de Facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, compareceu en rolda de prensa para informar sobre unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo na que se desestima gran parte da cantidade monetaria reclamada por Aqualia en concepto de desequilibrio económico da concesión.
|
28/06/2014 | Noticias histórico |
O Goberno presentou un orzamento próximo ós 12 millóns de euros |
O alcalde, Severino Rodríguez, e a concelleira de Facenda, Mª Xosé Vega, presentaron os orzamentos do Concello para o ano 2014, presupostos que ascenden a 11.804.764 euros, o que supón un incremento do 8,20 % con respecto ós presentados no ano 2013 (10.837.289 €).
|
02/07/2014 | Noticias histórico |
A Confederación Hidrográfica disposta a colaborar no financiamento da mellora da rede de saneamento de Monforte |
O alcalde e os voceiros dos grupos políticos que conforman a Corporación Municipal de Monforte reuníronse en Ourense co presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín.
O obxecto desta xuntanza era abordar a posible colaboración da Confederación no financiamento das obras de mellora da rede de saneamento de Monforte.
|
08/07/2014 | Noticias histórico |
A Deputación de Lugo asinou un convenio de colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra |
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, achegouse esta mañá ata o Concello de Monforte para reunirse co presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Juan Carlos Armesto Quiroga.
|
15/07/2014 | Noticias histórico |
Presentación das Festas Patronais 2014 e das actividades culturais e deportivas de verán |
O Concello de Monforte presenta a programación das festas, así como todas as actividades de verán tanto deportivas como culturais que completan a oferta lúdica estival.
|
05/08/2014 | Noticias histórico |
Manola Porto, alma monfortina para un brillante pregón |
A xornalista Manola Porto, nada en O Bolo (Ourense) pero afincada en Monforte desde hai 23 anos, foi a encargada de ler o pregón das festas patronais de Monforte.
|
12/08/2014 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- …
- seguinte ›
- última »